Esta sección está destinada a que opines e propoñas ideas para mellorar as nosas Festas. Que engadirías? Que eliminarías? Que opinas sobre o programa? Adiante.
Esta e unha proposta que me guataria facer para reducir gastos. O sabado e o domingo duas orquestas.O luns poñer solo unha e unha banda ,o martes igual duas orquestas ,o miercoles unha orquesta algo boa,e o jueves supoñendo que non habria festa o viernes traer a tres orquestas que trouxeran xente:Como Panorama,Marbella e outra asi quedaria unha festa moi boa
En canto ao tema do botellón na praza alguén comentaba que estaría ben poñer uns municipais controlando o tema. Na Coruña, a noite de San Xoán levaba carriños, sofás, etc. e era perigoso. Agora, en cada entrada á praia hai un garda de seguridade e non se permite baixar ao areal segundo que cousas leves. E hai pouco, en Taragoña, no Festival Antrospinos tamén puxeron un par de gardas evitando a entrada ao recinto de bebidas. O malo de Rianxo é que á praza se pode entrar por cantidade de sitios e é moi complicado controlalo todo, pero igual estaba ben que houbese algún elemento disuasorio. Por outra banda, só no día do Chupitaso vin contedores extras na praza (non sei se realmente a xente os usou ou non), pero si que me fixei que o resto de días os poucos cubos do lixo que había por Rianxo (na subida ao Campo de Arriba ou na rúa de Abaixo e do Medio) estaban a rebentar. Vamos, que me pareceu que a xente non tiña onde botar os vasos, as botellas,... Creo que deberíades poñer tamén na web unha sección visible do tipo "Contribúe" indicando a conta na que se poden ingresar cartos para a festa. Tamén estaría ben que puxérades unha tenda virtual vendendo camisetas ou algún artigo da festa. Por exemplo nesta web, dun xeito totalmente gratuíto, http://www.latostadora.com/crear-tienda-online-gratis.php podedes crear deseños relacionados coas festas e se alguén o merca estupendo. Se non o mercan, pois non perdedes cartos, pero perdestes o tempo pola miña culpa :(
gustariame que se lembrase nestas nfestas tan maravillosas que temos en Rianxo un pouco os nos@s deportistas que temos no pobo,facendo algun tipo de competicion,como por exemplo:un partido de futbol,regata de traiñas ou piraguas...etc. Porque me gustaria que se lembrara que este ano o UNION subeu de categoria e no C.R.RIANXO truxeronnos por segundo ano consecutivo outra medalla de ouro nas regatas de bateis, por esopenso que non podemos olvidarnos dos nosos deportistas.VIVA OS DEPORTISTAS DE RIANXO....VIVA A GUADALUPE
quero dicir pepita2 que se ti fas todo eso e ademais traballas igual deberias repartir as tarefas da casa e o coidado dos fillos. por suposto non che vou decir como organizar a tua vida, pero na nosa casa organizamonos con tareas, turnos... para poder ir a festa, aos xogos infantis, e facer as compras e a comida do dia seguinte, ainda que sacrifiquemos un pouco a limpieza da casa estes dias de festa, e todos traballamos e temos fillos.
pepita2 onde pos nais pon tamen pais e ainda que poucos algun caso hay. nadie discute sobre o que costa levar un fogar e criar a uns fillos pero tamen hai o que se chama conciliacion da vida familiar e laboral que ainda que non é facil na actualidade, algo sempre se pode facer
só quero contestar que hai algunhas nais que non podemos depender de ninguén que nos axude porque hai xente que traballa na guadalupe aínda que vos pareza increíble. e si vos parece falta de organización familiar e que non sabedes o que é que unha persoa sóa teña que levar o peso de organizar os eventos familiares, coidar dos fillos, atender unha casa, traballar e aínda así ter que estar perfecta para sair d festa. un saúdo e que saibades que moitas nais pensan coma min. BOAS FESTAS
aljuns bares fan todo o ano a conta da juadalupe e ainda por riba temola que pajar nos, e choran para poñer unha miseria. pois como fixeron unha ves en boiro, UN ANO SIN FESTAS E QUE SE JODAN. sempre nos queda o patrosinio
Seria interesante que se sacara unha lista co que pagan os bares sobre todo os do campo,que eles xa deberian pagar un dia de festa porque fan o agosto.E ainda por encima queixanse.menuda cara
pepita, tamen habemos pais de familia que levamos os fillos a festa e tamen preparamos as comidas de sabado e domingo, co cal non creo que o problema que mencionas sea so un problema "das nais", en tal caso sera un problema de organizacion familiar, organizandose todos os membros da familia da tempo a ir a festa e mais a preparar comilonas sen moito esforzo, recomendoche que o probes.
boas! non sei se os que preparades o programa das festas tedes fillos,pero para unha nai coma min que ten que preparar a comilona do domingo para todos os familiares que veñen de fóra, é terrible que cambiarades o día dos nenos para o sábado. a min vaime resultar case que imposible ir facer as compras, preparar a comida do sábado e a do domingo e levar ós meus nenos á festa infantil. eu propoño que para o próximo ano a trasladedes para outro día máis relaxado e así as mamás tamén poderemos disfrutar da festas con mais tranquilidade. tamén quería felicitarvos pola gran idea de ubicar a festa da mocidade lonxe do centro do pobo xa que así os máis carcas poderemos descansar. un saúdo e boas festas!
Propoño para poder recadar máis cartos, facer unha barra "bar" da comisión (pagándolle os camareiros -por suposto-). Tamén me interesa saber a cuota que pagan os bares, se non me confundo -por exemplo- hai bares que teñen "en primeira liña de praia" do entorno de 200 sillas. Pareceme que estas situacións de privilexio a horas como as da sesión bermout ou cando toca unha banda de música, deberían ter unha cuota consecuente.
si habera que radicar o botellon pero vos o que queredes e amolar a festa,e non hai dereito a xente que traballa fora de rianxo que non poida quedar o ultimo dia(si acaba en miercoles)por os que votaron non a festa.
Hola boas,respondo a Jadalupe,nin eu nin creo que nadie de rianxo quere acabar co espirutu da festa e disme que non teño espiritu rianxeiro,mira o que fixen eu pouca xente o fixo pois metinme 2400 km dunha vez so para estar aqui o ultimo dia de festa,pero cando o ultimo dia valia a pena,estou totalmente dacordo con Karlos hai que erradicar o botellon do campo da festa non creo que sexa moi dificil poñer a dous municipais no campo darriba controlando quen fai botellon ali e primeiro dar un aviso e se non fan caso multar veriades como a xente se iva a outro sitio,aqui parece que eu estivese encontra de que veña xente foranea e iso non e asi cantos mais mellor,eu deciao polos que veñen estropear a festa que son os que o ultimo dia tiran cousas a orquesta e buscan pelea por todos os lados,que se queden na casa e que nos deixen os demais vivir a festa. Outro tema foi o da votacion mas do 50% da xente que votou en contra de manter os dias de festa foi por culpa do ultimo dia pois para non poder disfrutalo mellor que reduzcan dias,unha posible solucion que propoño e que o primeiro viernes fose festa e acabar o xoves penso que e unha boa solucion para manter os 7 dias.A comision da festa faino moi ben pero penso que se podia esforzar un pouco mais co merchandaising,por exemplo nesta paxina vender camisetas,pañueletas como se facia antesmecheros,rifas,etc...non so vender no cuartel vello se non tamen pola rede que nestos tempos vendese moito por internet,non me enrrollo mais e espero non ofender a nadi con todo que escribin non e a miña intencion,pois quero disfrutar da festa como todos os rianxeiros,sen mais un saudo e VIVA A JUADALUPEEEEEEEEE
Penso que non hai que reducir os días de festa, tampouco son tantos cartos se todos colaboramos. Quizás a cota debería ser por persoa, e non por parella, e 40 euros por persoa ao ano podémola pagar. O que non admito é que se permitan botellóns no Campo. Hai que contratar persoal ou solicitar do Concello que non se permita a entrada ao Campo con botellas, neveiras, etc.. Que o fagan no Muelle, ou noutro lugar, que se lle poña unha orquestra alí. Se o vindeiro ano hai botellón no Campo, eu non pago.
Hola Boas,eu creo q os bares deberían de colaborar maís nas festas ,porque en definitiva eles son os q lle sacan maís beneficio,xa q para os matrimonios,faise costa arriba,pois entre as festas os nenos e todo,,e moi fçacil decir,q se page en cuotas,pois ay moitas cuotas q pagar o longo do ano,,e quen son os mais beneficiarios da festa???? en outros lugares ,son os bares os q se fan cargo das festas,,e una opinion,,..
Teño entendido de se están xuntado cartos para a compra de outra vierxe de Guadalupe, pero aquí en Rianxo hai un escultor de pedra que fai imaxes relixioxas e deu a igrexa de Taragoña duas imaxes a de Santa Lucía e a de Santiago Apostol. Penso que si fai esto sería mellor encargarllas a alguén de Rianxo que contratar un escultor foraneo por moito renome que teña. A xente de aquí ten sabe facer ven as cousas.
hola,ala adonde vou presumo sempre das festas de rianxo porque non hai unhas iguais en toda a redonda pero quixera facer unha nova proposta.como afeccionado o atletismo e carreiras populares que son ala donde hai unha estou gustariame propoñer que se fixera unha carreira popular en rianxo. A data mais ideal seria o sabado pola tarde dado que asi poderia vir correr xente de fora de rianxo e actualmente hai moita xente afeccionada a correr e por outra parte rianxo e o unico concello da comarca do barbanza e padron donde non se fai un evento deportivo deste tipo. Estou seguro que organizando ben e con tempo podese facer unha boa carreira, un exemplo na pobra do caramiñal celebrouse a 2º edicion o 29 de agosto pasado e so con ser a 2 edicion presentaronse casi 500 personas de diferentes puntos de galicia, asi que espero que tomedes boa nota e animarse
para un de rianxo:vergonza axena porque?por ter as millores festas?por a ver moita xente?pois de eso se trata de ser grandes.sintoo moito pero ti non tes o espiritu rianxeiro,por que eu a onde vou digo cales son as millores festas e todas calan porque saben que son as de rianxo.estou moi orgullosa das nosas festas e coma min moita xente.sen non che gusta o ultimo dia paga os outros,ou non vas ir?
un de rianxo e nicolas vos o que queredes acabar e co espiritu da juadalupe,a festa non pode acabar no jueves, eunha festa moi grande,a festa esta feita para medrar e para que veña a xente canta mais millor.a min non me molesta nadie e mais quero que sea festa de interes turistico nacional,polo tanto a festa ten que medrar,e o venres cantarlle a nosa moreniña que e a mais juapa de rianxo. a favor dos dias que estan e sin tocaarlle.viva a juadalupe forever!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Hola a tod@s!! quixera animar á xente a participar no feirón mariñeiro, se tedes algunha aficción interesante ou coleccionades obxectos curiosos non o pensedes máis e saíde a rúa a ensinar o que tedes. Tamén se podería facer unha exhibición de mascotas, cans, gatos, páxaros ou mesmo animais exóticos, con premios ó máis bonito, ó máis listo, etc...... E sobre todo animádevos a propoñer novas ideas