A Asociación "A Moreniña" foi convidada a participar no acto de colocación e bendición do mosaico de Nª Sª de Guadalupe na Basílica da Anunciación en Nazaret polos Padres Franciscanos e Real Asociación de Cabaleiros e Damas do Mosteiro de Guadalupe de Cáceres.
A Peregrinación consta dunha viaxe de 8 xornadas por Terra Santa, visitando os lugares máis emblemáticos da vida de Xesús que se citan no Novo Testamento, e dando a oportunidade de renovar algúns dos sacramentos nos lugares máis emblemáticos, coma o Bautismo no Río Xordán ou a renovación do Matrimonio en Caná.
A Asociación "A Moreniña" quere facer extensiva esta invitación a todos os socios, veciños, e persoas interesadas en xeral, pois a organización da peregrinación está centralizada para todas as irmandades convidadas de toda a península, en grupos organizados e con guías turísticos.
As datas de saída son os días 23, 26, 27 ou 28 de abril, segundo dispoñibilidade e combinacións de voos, e o acto obxecto da invitación central terá lugar o día 29. O prezo, con pensión completa e todo incluído, é de 1.440 € con saída dende Rianxo ou Santiago (1.340 € para saídas dende Madrid).
A data límite para inscribirse é o 6 de febreiro, na que se efectuará un depósito como garantía. As inscricións a partir desa data non terán garantida praza, pois dependerán da posibilidade de completar grupos. Nesta modalidade admitiranse inscricións ata o 6 de marzo.
Para máis información e inscricións:
Asociación "A Moreniña de Rianxo"
Tlf. 667 18 55 77
correo-e: festa@guadaluperianxo.org
Traballando xa na Guadalupe 2012. Cantos días? Que cousa cada día? Empeza o quebratestas!
Presentamos o mapa de localización do Feirón Mariñeiro "A Feira de 1911", que se celebrará o mércores 14.
Anunciamos, por fin, o que será o pregoeiro das Festas da Guadalupe 2011: o escritor e mestre Anxo Angueira.
A partir do 1 de setembro xa podedes retirar os Libros da Guadalupe todos os veciños que colaborastes coa festa, no lugar de costume, o Cuartel Vello (Praza Castelao), de 10 a 13 horas, e os días de festa na caseta da Comisión. Quen aínda non fixese a súa aportación, pode facela en efectivo nese mesmo lugar, ou ben a través dunha das contas bancarias da asociación A Moreniña
(nº de conta na noticia ampliada):
O martes día 13, ás 23.30 horas, gozaremos dun concerto íntimo de pequeno formato na Praza da Igrexa, no que participarán os grupos:
Aí o vai! Mentres non cambiamos a web en breve, por fin o cartel da programación, a falta do programa de man, máis detallado. A partir desta fin de semana xa os veredes colocados por aí.
A Feira de 1911"
Atención, non vos despistedes! O feirón cambia de data. Nesta xeira das festas da Guadalupe, no canto de ser o xoves, como viña sendo habitual, o Feirón celebrarase o mércores 14.
Presentamos o cartel das Festas da Guadalupe 2011.
Xa queda pouco para que se dea a coñecer a programación completa das Festas da Guadalupe, pero antes iremos aos poucos desvelando algún dos cambios nesta xeira. Empezamos!
Preparádevos, primeiro, para os reaxustes debidos ao recorte de un día na duración das festas: