Produciuse un cambio no obradoiro do sábado 11 ás 12 da mañá. En lugar do obradoiro de xoguetes de refugallo, contaremos cun obradoiro de percusión con obxectos caseiros, impartido polo músico rianxeiro Antón Alcalde, percusionista e compositor da Escola de Música de Rianxo. Non o perdades!
Na romaria das Juadalupeñas, GRAN ESTREA da CHARANGA NASA (Non Actuamos Sen Alcol), de Rianxo!!!
O mago rianxeiro Alán Golias ofrecerá o mércores 15 de setembro un espectáculo de maxia ás 20 horas na Praza da Igrexa. Tamén poderemos presenciar os seus trucos durante o Feirón Mariñeiro na xornada do xoves día 16.
Accede a http://www.guadaluperianxo.org/live/ para ver a retransmisión 24 horas ao día!
O venres 11 o inicio da edición deste ano das festas da Guadalupe será algo diferente. Ao estar en obras a Casa Consistorial, o pregón darase dende o escenario cun Cantar de Cego a cargo de Carlos do Viso. Despois do concerto de Chotokoeu, o DJ que amenizará a velada será o rianxeiro BRUNO DJ, de sobra coñecido pola comarca por ser un dos DJs habituais en varias festas ao longo do ano.
O Rianxo Rock celebrarase finalmente. Aínda que nalgún momento peligrou, debido á non asistencia das peñas ás reunións convocadas, a Comisión de Juadalupeñas tomou a decisión de arriscarse a celebralo, e máis de incluír algunha sorpresa que, xunto co cartel, axiña daremos a coñecer.
Acábase de confirmar un cambio no cartel das orquestras da Guadalupe deste ano. O mércores 16, na vez da orquestra BLUE STAR, contaremos coa actuación da orquestra ACHÉ, da que podedes ver algo no seu web: www.orquestaache.com
O programa das Festas da Guadalupe 2009 xa está dispoñible neste website. Agardamos que comentedes aquí todo o que consideredes oportuno sobre a programación deste ano. Os nosos parabens un ano máis, veciños e veciñas, por ser capaces de celebrar as festas máis senlleiras.