Contratareis a Panorama otra vez el ultimo dia de Guadalupe es muy buena orquesta y da previlegio a Rianxo
A Moreniña(Comisión de Festas):
Xa che podemos adiantar que a Panorama non estará o vindeiro ano na Guadalupe. Non podemos abordar a subida de prezo se queremos manter os 6 días de festa.
Cando saquedes a lista dos gastos sacade o ke dan os bares .foron unhas festas extraordinarias enhoraboa a toda a comisión e as juadalupeñas que sin eles non serian as festas iguales.a miña maior enhoraboa o XIXI que presidente coma el quedan poucos.Unha rianxeira ke esta moi orgullosa das suas festas
A Moreniña(Comisión de Festas):
Nas contas que se fan públicas cada ano reflíctense as dintintas partidas de ingresos e gastos, entre elas o total da recadación ds veciños, dos comercios, da publicidade e da hostalaría.
canto se gastou este ano nas festas e canto se recaudou se recaudou nas distintas partidas.concello,aportacions.xunta.diputacion...
A Moreniña(Comisión de Festas):
Cada ano soemos sacar a listaxe de ingresos e gastos e publicalas a nivel local.
o remate da festa deste ano pareceu unha broma de mal gusto, porque non se rematou a festa as 9 da mañán coma sempre, hasta este ano fixeronse barbaridades no horario e este ano acaba as 7 da mañan, porqué???
A Moreniña(Comisión de Festas):
O motivo foron as esixencias de horarios estipuladas nos contratos coas empesas de espectáculos.
Podedes informar sobre os fondos da festa da mocidade? ë unha festa patrocinada pola Xunta como as de Escarabote, Aguiño...? Hoxe na Voz de Galicia ven unha noticia sobre a intervención dunha perosa de fóara de Rianxo, que subvención aportou?
A Moreniña(Comisión de Festas):
A financiación da Festa da Mocidade é 100% privada, a partir da concesión de servizos de cátering a unha ou máis empresas privadas. Os detalles coñéceos máis a fondo a organización, que é a Comsión de Juadalupeñas.
e non se poderia facer a festa da mocedade outra semana,despois de pasar a festa da guadalupe, asi contentades a todos . sin xuventude non hay nada , eles son o motor , a xente maior non ten o arranque de cando eres xoven , pero xa fostes antes xoven , e tes a esperencia .teño fixos nas guadalupeñas e son eu quen pago as festas , eles estan estudiando e non teñen cartos , si 10 guadalupeñas pagan as festas , 40 pagamolas os pais , conclusion ¿ aique respetar a todos , e si a malloria botou para reducir festa , se reducian?
A Moreniña(Comisión de Festas):
A Festa da Mocidade fíxose cando quen a organizou quixo facela. Estudáronse varias posibilidades en conxunto coa Comisiñon de Festas, e finalmente decidiron facela ese día.
O venres tamén vai a estar aberta ata a mañá a carpa "XUNGLA" que está na estación de autobuses? Os veciños tamén teñen que descansar, iso non é a festa da Guadalupe que eu coñezo desde que son rapaza, iso é una barbaridade. Unha música incompatible co sono dunha persona normal, unha cousa é aguantar o son dunha verbena, que pode chegar a acunarte, e outra cousa e que se che meta o "chunda chunda" no sentido, asi é imposible concilialo sono. O volumen non é normal.
A Moreniña(Comisión de Festas):
Tomamos nota da túa queixa e sentimos as molestias. Terémolo en conta.
No campo da festa non se pode facer botellón? un saúdo :D
A Moreniña(Comisión de Festas):
A lei non contempla o termo "botellón", o que prohibe é o consumo de alcol na vía pública, xunto cunhas ordenanzas de ruído, lixo, etc. A miúdo o chamado "botellón" incumple estas tres normas ao mesmo tempo, e poucas veces só algunha delas. Co cal, son cousas excluíntes: un "botellón" sen alcol pode xerar ruído e resíduos; un "botellón" con alcolo pode ser silencioso e deixar todo limpo ao final. Quen ten que velar polo cumprimento da lei son as autoridades, e algunhas destas prácticas poden ser denunciadas polos cidadáns. Polo tanto, non se pode "prohibir" o botellón, porque non é algo que se poda prohibir, senon que se pode denunciar e sancionar as prácticas derivadas del.
No caso da Guadalupe, entre o Concello, a Comisión de Festas e a Comisión de Juadalupeñas, pídese amablemente aos asistentes que eviten facer "botellón" en certas zonas do pobo, conscientes de que o fenómeno é prácticamente inevitable. Así, pedimos que quede libre de botellón a Praza Castelao, o Campo de Arriba e outras zonas e prazas céntricas.
Simplemente dar o meu apoio á Comisión pola súa labor. Despois dos comentarios que hai por aquí, dicirvos que sigades así, defendendo a Guadalupe!!!!!! e queda moi claro que se respetaron as votacións do ano pasado, aínda que eu entendo que se houbese cartos na comisión, cal sería o problema de manter os mesmos días??? eu na votación entendía que se recortaban os días porque non había cartos para todo pero non porque á xente lle parecesen moitos días, se ca mesma cuota se dera feito todo, cal é o problema??? cal é o problema de que o venres haxa festa se as Juadalupeñas recaudaron cartos pola súa conta??? ó contrario! mellor, non??? O do botellón é algo complicado, temos que ser todos un pouco máis cívicos e respetuosos co resto, que beba quen queira sen molestar... de todas formas, un pode aguantar toda a noite sen jasolina, dou fe!!! jajaja. Saúdos e a seguir así!!!!!
A Moreniña(Comisión de Festas):
Grazas. Alédanos ver que existe xente que entendeu todo o tema. Tamén entendemos que o botellón non é un problema en si, o problema é a actitude negativa dalgunha xente (estea ou non de botellón) e a cantidade de lixo que se xenera, o que non deixa de ser unha cuestión meramente educacional. Na Festa do Albariño bébese na rúa (políticos incluídos, incluso se fotografan e presumen), e nas visitas do Papa queda todo cheo de lixo. Non vemos gran diferenza. O ambiente do último día foi fantástico, tanto onde había botellón, como onde non o había, como dentro dos locais. Grazas a todos polo voso civismo.
a min pareceme moi ben que a comision apoie as peñas pero tamen me pregunto porque pasades por alto o boto da maioria da xente que botou si a reducion de dias porque o fin e o cabo hai os mesmos dias e si non saiu nin un euro para a festa da mocidade decideme porque ven anunciada nos carteis da festa.Non teño nada en contra da xuventude nin tampouco da comision que para min fanno o mellor que poden e para vos van as miñas felicitacions pero o da festa da mocidade pareceme unha burla para os que pagamos a festa,a xente botou si a reducion de dias e para que? si hai 8 igual. A min gustame a festa da guadalupe pero tamen quero disfrutala sin que o ultimo dia teña que quedar na casa porque ese dia e o dia do botellon no campo.Eu ben sei que a comision non ten a culpa pero esto foise das mans por eso lle pido a quen lle corresponda tome as medidas que corresponda. Nos carteis non deberian dicir necesitamos esta zona libre de botellon,deberian dicir prohibido o botellon nesta zona.Hata ode agora paguei todos os anos a festa, este ano dubidei antes de pagar pero o final paguei e si este ano non podo ir o campo por medo a que me bañen en alcohol sintindoo moito para o ano non pago.
A Moreniña(Comisión de Festas):
Contestamos anteriormente a unha pregunta similar, aplicamos a mesma resposta e deixamos constancia do teu comentario. Os membros da Comisión e moitos veciños que nos comentan sobre o tema, opinamos que o día das bengalas veu mellorando estes últimos anos, só hai que comparar a cantidade de lixo que quedaba fai cinco anos e a que queda agora, e sobre todo o tipo de lixo (non hai apenas vidro). Xa que o do lixo parece inevitable, e todos somos culpables diso, tentemos canda menos que non resulte un perigo para ninguén.
Queremos engadir tamén que os membros da Comisión de Festas quedamos desolados coa perda dun día. Nós queriamos facer as bengalas o venres, e a cantidade de críticas que temos que oír de xente de fóra por adiantar o último día ao xoves dóenos tanto como as dos veciños que nos acusan de ter falseado o recorte. Non podemos contentar a todo o mundo, e decidimos que a decisión de recortar había ser moi criticada, e tamén que non había ser comprendida cando as Juadalupeñas decidiron facer a súa festa o venres. Na práctica, recibimos críticas por recortar e máis por non recortar, e moi poucas felicitacións por ter chegado a unha solución (guste ou non) ante un reto tan complicado.
Polo tanto, preguntamos: bengalas xoves ou bengalas venres?
E só engadir que nos gustaría deixar claro que a mocidade tamén é "xente de Rianxo", e o seu futuro, aínda que parece que ás veces son excluídos inconscientemente nalgúns comentarios da xente, e que todos fomos mozos algunha vez.
Un saúdo e grazas polo comentario.