Atrás

GRAZAS !

Dende a Organización do Rock in Rian queremos darlle as grazas os 96 patrocinadores que fixeron posible que o sábado 10 de setembro no parque de Galiza poidamos levar a cabo a IX edición do festi. Sen eles sería imposible pois ano a ano demostrannos que estan o noso lado e botannos unha man pra poder seguir medrando traendo os mellores grupos a Rianxo e seguir cheos de ilusións! De outra maneira queremos agradecer o Concello de Rianxo e a Cultura Rianxo todos os esfrozos que ano a ano fan pra que nos poidamos seguir soñando e mellorando coa finalidade de ser o mellor festival gratuito galego con música en galego! Sen eles isto sería imposible...
Moitas grazas de verdade a ambolos dous e desexamos que vos guste o desenlace final.

Páxina web oficial do Rock in Rian "o festival da ría"

O Rock in Rian é un festival que sempre se fai en septembro na localidade de Rianxo. Estamos pola 9º edición ainda que antes realizabase baixo outro nome, Rianxo Rock. É un festival totalmente gratuito pois dende a organización apoiamos e defendemos que a cultura o sexa. Os organizadores de este festival somos a comisión de juadalupeñas de Rianxo, a cal formamos parte da comisión de guadalupe e asociación a moreniña desta dita vila. Pra porse en contacto connosco:

AGARDÁMOSVOS!